xoves, 30 de novembro de 2017

Proxección de FOGOS no CGAI

O venres 1 de decembro poderá verse o filme Fogos no Centro Galego de Artes da Imaxe - Filmoteca de Galicia. Fogos comparte proxección co filme de Peter Mettler Picture of Light (1994). É a primeira sesión dun ciclo de cinema organizado pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.