venres, 10 de novembro de 2017

Estrea mundial de FOGOS no Festival Internacional de Cine de Xixón

Fogos terá a súa estrea mundial no 55º Festival Internacional de Cine de Xixón, que se celebra na cidade asturiana do 17 ao 25 de novembro. Fogos proxectarase dentro da sección Llendes o sábado 18 (Sala 11 dos Cines Yelmo, 19:45) e o domingo 19 (Antiguo Instituto, 22:15). Na sesión tamén se verán os filmes Super Taboo (Su Hui-Yu, 2017), Où en êtes-vous, João Pedro Rodrigues? (João Pedro Rodrigues, 2017) e Improvisaciones de una ardilla (Virginia García del Pino, 2017).