Amosando publicacións coa etiqueta FID Marseille. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FID Marseille. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de xullo de 2018

Proxeccións de FOGOS no FID Marseille

Estas son as datas de proxección de Fogos no FID Marseille, no marco da sección Livre d'Image:

Venres, 13 de xullo, ás 16:45: Vidéodrome 2
Sábado, 14 de xullo, ás 19:00: Variétés 2
Domingo, 15 de xullo, ás 10:00: Le Miroir/Centre de la Vieille Charité

Compartimos o texto de presentación do filme, escrito por Jean-Pierre Rehm:

"Exploit technique, nous voilà comme jamais sous la voute céleste, courbe et complète, à même d’admirer d’autres exploits, pyrotechniques ceux-là. Travail d’image, de son aussi, exceptionnel, pour restituer la profondeur d’une nuit crevée et zébrée en toute magnificence par une suite d’explosions de lumière. Cinéma sophistiqué pour une expérience de cinéma quasi essentiel".

venres, 15 de xuño de 2018

FOGOS no FID Marseille

Un dos máis prestixiosos festivais de cinema do mundo, o FID Marseille, dirixido por Jean-Pierre Rehm, programa Fogos nunha das súas seccións paralelas, Livre d'image, que toma o título do último filme de Jean-Luc Godard, tamén presente no programa. Fogos comparte sección, ademais, con obras de grandes cineastas como Sharon Lockhart (Rudzienko), James Benning (Readers), Chris Kennedy (Watching the Detectives), Ross Lipman (Notfilm) ou Johann Lurf ().
Ademais, o FID Marseille emprega imaxes de Fogos no vídeo promocional do festival. Merci beaucoup pour cet honneur !