martes, 2 de xaneiro de 2018

A Casa das Ciencias estrea FOGOS, unha película experimental para planetarios

A Casa das Ciencias empeza o ano novo coa estrea da película experimental para planetarios Fogos. O primeiro pase desta produción será o mércores 3 de xaneiro ás 17:30. Desde entón poderá verse gratis coa entrada á Casa das Ciencias de luns a venres ás 17:30 e os sábados e domingos ás 18:30. As invitacións comezan a repartirse media hora antes de cada sesión.